martes, 11 de noviembre de 2014

Tarefa CQC14


¡Ola a todos!
Esta tarefa está realizada con google docs. Pareceume unha tarefa interesante, xa que aprendín a crear hiperenlaces e editei o texto que encontrei en un dos libros da páxina virtual. Gustoume editalo e crear un novo texto, polo tanto espero que vos guste a vos tamén e disfrutedes del léndoo como eu facéndoo.
¡Un saúdo!
Aqui vos deixo o meu traballo:

A NENA QUE SOÑABA COA HISTORIA.

Nunha pequena aldea de Castela naceu unha nena á que chamaron
Antonia.
Creceu feliz. Roubáballes horas ás aburridas leccións da súa escola
para dedicalas a facer inventos, travesuras e, sobre todo, pasar o tempo
soñando baixo a maraña de ramas do bidueiro que tiña a carón da súa
casa. Así foi facéndose muller e chegou a policía, compensando o mal estudante
que era coa súa intelixencia e o seu crecente interese polo que
pasaba ao seu arredor.
Un día regaláronlle un instrumento óptico cuxas lentes lle permitiron
ver o que os seus ollos non lle deixaban e comezou a observar anaquiños
da parte do corpo humano que ela xa sabía que eran as que lle permitían
sentirse viva..
Moitas voltas lle dera a que na máquina do seu corpo tiña que existir
un motor máis poderoso que o corazón. Cando aprendeu que o tesouro
maior, o máis protexido que posuíamos, era o que se atopaba dentro
dun casco duro e compacto chamado cranio, soubo que ese órgano
era o cerebro.
Cando achegou os seus ollos ao visor do microscopio puido recordar
a imaxe máis clara da súa infancia, as ramas entrelazadas do bidueiro
estaban naquel anaquiño de cerebro, pero non eran os seus recordos, senón
algo moito máis importante. De nena descubrira que as ramas partían
de troncos e que había moitos; de muller descubriu que as ramas levaban
a neuronas e que tamén había moitas e que estaban moi preto, sen
tocarse, unhas doutras, e que se podían comunicar a través desas ramificacións
lanzando impulsos eléctricos.
Ao descubrilo sentiuse feliz e entendeu que era o seu cerebro o que
lle permitía ter esa sensación e todas as vividas e por vivir. Ademais, despois
de observar, formular hipóteses e experimentar elaborou teorías sobre
como funcionaba o noso tesouro. Hoxe sabemos que o corazón nos
mantén vivos, pero o cerebro permítenos vivir: movemos as pernas, os ollos
e os brazos porque as neuronas transmiten ordes que chegan a eles a través
de terminacións nerviosas que temos no corpo e pensamos, aprendemos
e soñamos porque temos neuronas no cerebro.
Aquela nena á que do colexio só lle gustaba debuxar e facer ximnasia
e que as súas malas notas o levaron a ser aprendiz de panadeira, chegou 
a ser unha das máis grandes científicas da historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario